Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO que ten como data cada 25 de Novembro de cada ano, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Carlos Casares empregou para a realización da presentación deste traballo feito polo alumnado do centro a peza "Non Vou" do disco "A Raís" interpretada polo coro Cantares do Brión.
Puidemos conversar coa autora da letra desta fermosa canción, Esther Lage Tato, e aínda que a súa idea inicial e inspiradora da letra se afasta da temática da conmemoración escollida, coincidíu con nós en que hai diferentes aspectos da letra que poden servir para enfocar e concienciar ao noso alumnado sobre as condicionantes de vida que lle afectan ás mulleres no noso tempo.
FERMOSÍSIMA CANCIÓN E IMPRESIONANTES TRABALLOS DAS NENAS E NENOS DO CEIP CARLOS CASARES DE VILARIÑO!!!
A letra da canción tiña un vocabulario complexo e nalgúns casos descoñecido para o noso alumnado polo que deseñamos actividades interactivas que axudaron na súa aprendizaxe e coñecemento.
Nos seguintes enlaces podedes acceder ao Google Site que temos na nosa web e no que imos recollendo actividades e recursos do apadriñamento 21/22.
Parabénss! Que bonito traballo e que fermosura de canción!😍
ResponderEliminar