martes, 14 de decembro de 2021

Chegou o Nadal.

 

Ainda que o lucerío que adorna a festa no Nadal leva aceso máis un mes nalgúns sitios, o CEIP Carlos Casares de Nigrán aproveita a última semana lectiva do ano para dar a coñecer algunhas das tradicións propias de Galicia e desta época do ano. 

Na clase de música, as panxoliñas forman parte desta tradición cultural propia da nosa terra e as nosas madriñas e padriños do coro Cantares do Brión enviáronnos a súa interpretación da peza "Buscando unha estrela". Moito a temos cantado e bailado nestes días!!!

Esta panxoliña pertence ao disco "O Quiquiriquí: Cancións para o Nadal" e foi interpretada por Tino Baz neste fermoso disco producido pola  Asociación de Gaiteiros Galegos. 

Grazas Cantares do Brión por este peche musical para o trimestre!!!

                                                        Viva a música!! 







mércores, 24 de novembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO "Non Vou"









    

Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO que ten como data cada 25 de Novembro de cada ano, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Carlos Casares empregou para a realización da presentación deste traballo feito polo alumnado do centro a peza "Non Vou" do disco "A Raís" interpretada polo coro Cantares do Brión.                                                          
Puidemos conversar coa autora da letra desta fermosa canción, Esther Lage Tato, e aínda que a súa idea inicial e inspiradora da letra se afasta da temática da conmemoración escollida, coincidíu con nós en que hai diferentes aspectos da letra que poden servir para enfocar e concienciar ao noso alumnado sobre as condicionantes de vida que lle afectan ás mulleres no noso tempo. 
FERMOSÍSIMA CANCIÓN E IMPRESIONANTES TRABALLOS DAS NENAS E NENOS DO CEIP CARLOS CASARES DE VILARIÑO!!!  

A letra da canción tiña un vocabulario complexo e nalgúns casos descoñecido para o noso alumnado polo que deseñamos actividades interactivas que axudaron na súa aprendizaxe e coñecemento.

Nos seguintes enlaces podedes acceder ao Google Site que temos na nosa web e no que imos recollendo actividades e recursos do apadriñamento 21/22.


Dándolle sentido ás palabras
Que é ...?
As Caixas sorpresa do "Non Vou"Non Vou









xoves, 18 de novembro de 2021

Día da Música 2021 en Vincios


O vindeiro domingo día 21 de Novembro as nosas madriñas e padriños van celebrar xunto a Agrupación Musical de Vincios o día da música. 

Será no Torreiro de Santa Lucía en Vincios a 1 do mediodía, e estades tod@s convidad@s a este concerto!!

VIVA A MÚSICA!!!!

Despois do fabuloso concerto de onte en Vincios deixamos nesta entrada do blogue unhas fotiños para o recordo. 

Fantástica a Banda da Agrupación Musical de Vincios e Cantares do Brión!!








venres, 5 de novembro de 2021

A primeira colaboración ven de lonxe...

Vídeo "Poemas ao outono"


Na primeira entrada deste blogue as nosas madriñas e padriños envíaronnos un saúdo no que engadían unha fermosa peza: Poemas ao outono. Esta foi a primeira colaboración e o primeiro encontro do CEIP Carlos Casares e Cantares do Brión. Nesta entrada atoparedes dous vídeos; O primeiro coa peza signada por Verónica Jorge a que lle estaremos sempre agradecidos pola aportación e por axudarnos a mestras e alumnado a coñecer unha realidade que nos era allea ata agora. Anímadevos a interpretala cantada e coa linguaxe de signos e poderedes comprobar o difícil que é facelo con solvencia. No segundo podedes escoitar a interpretación que as nenas e nenos do coro do cole de Vilariño fixeron nunha conmemoración do centro.

Poemas ao Outono e a celebración do Magosto van ser as proagonistas da actividade musical do noso coro ao longo desta estación tan fermosa. O Outono ademáis de solpores de cores extraordinarias e froitos exquisitos tamén nos trae boa música.





xoves, 28 de outubro de 2021

Magosto cantareiro en Vilariño 2021

O Venres 29 de outubro celebramos o Magosto no CEIP Carlos Casares de Vilariño. Para celebrar está festa de fonda tradición galega na que a castaña ten o protagonismo gastronómico, vivimos un momento musical moi especial no cal as nosas madriñas e padriños do coro Cantares do Brión, tiveron unha colaboración especial enviándonos un vídeo que gravaron nun ensaio cunha peza moi fermosa: "Señora María, señor Manuel". 



Nas clases de música e na hora de libre configuración de centro que nós adicamos ao coro, estivemos desfrutando de poder ter a súa referencia para o traballo da práctica do canto colectivo. 

Na celebración da propia festa do magosto tivemos a visita e colaboración de 2 membros de Cantares do Brión, Luis e Bieito que se interesaron pola vida no cole e o facer diario do noso alumnado. Tamén colaborou coa súa pandeireta Noa, exalumna do CEIP Carlos Casares.

Ademáis da parte musical, Cantares do Brión e a música tradicional tamén inspiraron os calacús que con tanta ilusión tallaron o alumnado a as súas familias.





mércores, 20 de outubro de 2021

Saúdo de Cantares do Brión ao Ceip Carlos Casares

 

Clica na imaxe para ver o vídeo
Clica na imaxe para ver o vídeo
Esta semana recibimos dúas mensaxes das nosas madriñas e padriños. A primeira en forma de carta contándonos que aceptaban a nosa proposta de apadriñamento e que gardaremos con moito aprezo no cole. A segunda ten forma de vídeo e nel saúdannos e déixannos un agasallo fermoso en forma de canción: "Poemas ao Outono". Este fermoso tema que forma parte do seu segundo disco, "A Raís",ten letra do gran poeta chairego Manuel María e a música e arranxos son de Luis Correa e Pablo Rial. O Coro empregou esta canción e a súa mensaxe para concienciar e conmemorar o aniversario dos lumes que padeceu Galicia hai catro anos.

Con esta peza o alumnado de 4º e 6º EP do Ceip Carlos Casares foi recoñecido co terceiro premio no certame de cancións signadas "Xogando coas Manciñas" que leva a cabo a Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia.

As nosas Madriñas e padriños para o curso 2021/2022


Nas primeiras xuntanzas que o claustro de mestras e mestres do CEIP Carlos Casares tivemos para organizar o curso 2021/2022 decidimos facer unha invitación formal ao coro Cantares do Brión de Vincios para apadriñar a aula de música do noso cole. A predisposición da directiva, compoñentes e do seu director, Pablo Rial foron magníficas dende o primeiro momento no que foron coñecedores da proposta.

Para axudarlle a tomar unha decisión explicámoslle o que supuña  proxecto de apadriñamento de aulas comezou alo polo curso 2013-2014 a proposta do equipo de normalización da lingua galega co humilde obxectivo de:

“ Achegar a cultura literaria en lingua galega aos nenos e nenas partindo do estudo das persoas que interveñen nela”.

A condición é que os padriños e madriñas sexan contemporáneos ao noso alumnado, persoas as que poidan coñecer e identificar coa súa obra, persoas da pé que toman o seu tempo na escrita en galego. Certo é que o voso cometido non é o de escribir, máis a vosa paixón ten toda a forza que precisamos no noso obxectivo, conxugando música, voz e un fermoso repertorio tradicional.

Por outra banda, o noso centro conta xa cun coro formado co alumnado de 4º e 6º de primaria que ensaia nunhas horas de libre configuración, e que da man de Eloy Porto ten interpretado algún tema do voso repertorio.

Todas elas razóns poderosas para que o voso coro sexa o padriño perfecto da aula de música.

Sempre agradecidos!!!