xoves, 28 de outubro de 2021

Magosto cantareiro en Vilariño 2021

O Venres 29 de outubro celebramos o Magosto no CEIP Carlos Casares de Vilariño. Para celebrar está festa de fonda tradición galega na que a castaña ten o protagonismo gastronómico, vivimos un momento musical moi especial no cal as nosas madriñas e padriños do coro Cantares do Brión, tiveron unha colaboración especial enviándonos un vídeo que gravaron nun ensaio cunha peza moi fermosa: "Señora María, señor Manuel". 



Nas clases de música e na hora de libre configuración de centro que nós adicamos ao coro, estivemos desfrutando de poder ter a súa referencia para o traballo da práctica do canto colectivo. 

Na celebración da propia festa do magosto tivemos a visita e colaboración de 2 membros de Cantares do Brión, Luis e Bieito que se interesaron pola vida no cole e o facer diario do noso alumnado. Tamén colaborou coa súa pandeireta Noa, exalumna do CEIP Carlos Casares.

Ademáis da parte musical, Cantares do Brión e a música tradicional tamén inspiraron os calacús que con tanta ilusión tallaron o alumnado a as súas familias.





2 comentarios:

  1. Moi orgullosa de ser madriñas de todos estos nenos e nenas!! Gran traballo!

    ResponderEliminar
  2. Moitas Grazas polos parabéns!! Para o profesorado e alumnado do CEIP Carlos Casares é moi importante contar con referentes tan motivadores e inspiradores.

    ResponderEliminar

Sempre agradecidos!!!