mércores, 20 de outubro de 2021

As nosas Madriñas e padriños para o curso 2021/2022


Nas primeiras xuntanzas que o claustro de mestras e mestres do CEIP Carlos Casares tivemos para organizar o curso 2021/2022 decidimos facer unha invitación formal ao coro Cantares do Brión de Vincios para apadriñar a aula de música do noso cole. A predisposición da directiva, compoñentes e do seu director, Pablo Rial foron magníficas dende o primeiro momento no que foron coñecedores da proposta.

Para axudarlle a tomar unha decisión explicámoslle o que supuña  proxecto de apadriñamento de aulas comezou alo polo curso 2013-2014 a proposta do equipo de normalización da lingua galega co humilde obxectivo de:

“ Achegar a cultura literaria en lingua galega aos nenos e nenas partindo do estudo das persoas que interveñen nela”.

A condición é que os padriños e madriñas sexan contemporáneos ao noso alumnado, persoas as que poidan coñecer e identificar coa súa obra, persoas da pé que toman o seu tempo na escrita en galego. Certo é que o voso cometido non é o de escribir, máis a vosa paixón ten toda a forza que precisamos no noso obxectivo, conxugando música, voz e un fermoso repertorio tradicional.

Por outra banda, o noso centro conta xa cun coro formado co alumnado de 4º e 6º de primaria que ensaia nunhas horas de libre configuración, e que da man de Eloy Porto ten interpretado algún tema do voso repertorio.

Todas elas razóns poderosas para que o voso coro sexa o padriño perfecto da aula de música.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Sempre agradecidos!!!