venres, 5 de novembro de 2021

A primeira colaboración ven de lonxe...

Vídeo "Poemas ao outono"


Na primeira entrada deste blogue as nosas madriñas e padriños envíaronnos un saúdo no que engadían unha fermosa peza: Poemas ao outono. Esta foi a primeira colaboración e o primeiro encontro do CEIP Carlos Casares e Cantares do Brión. Nesta entrada atoparedes dous vídeos; O primeiro coa peza signada por Verónica Jorge a que lle estaremos sempre agradecidos pola aportación e por axudarnos a mestras e alumnado a coñecer unha realidade que nos era allea ata agora. Anímadevos a interpretala cantada e coa linguaxe de signos e poderedes comprobar o difícil que é facelo con solvencia. No segundo podedes escoitar a interpretación que as nenas e nenos do coro do cole de Vilariño fixeron nunha conmemoración do centro.

Poemas ao Outono e a celebración do Magosto van ser as proagonistas da actividade musical do noso coro ao longo desta estación tan fermosa. O Outono ademáis de solpores de cores extraordinarias e froitos exquisitos tamén nos trae boa música.





1 comentario:

  1. No Ceip Carlos Casares non atopamos mellor maneira de celebrar as conmemoraciòns màis relevantes que incluìndoas na actividade diaria.
    O vindeiro dìa 3 de Decembro è o ďìa ìnternacional da discapacidade funcional e aquì està o gran de area que aportamos.



    ResponderEliminar

Sempre agradecidos!!!