mércores, 24 de novembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO "Non Vou"









    

Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO que ten como data cada 25 de Novembro de cada ano, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Carlos Casares empregou para a realización da presentación deste traballo feito polo alumnado do centro a peza "Non Vou" do disco "A Raís" interpretada polo coro Cantares do Brión.                                                          
Puidemos conversar coa autora da letra desta fermosa canción, Esther Lage Tato, e aínda que a súa idea inicial e inspiradora da letra se afasta da temática da conmemoración escollida, coincidíu con nós en que hai diferentes aspectos da letra que poden servir para enfocar e concienciar ao noso alumnado sobre as condicionantes de vida que lle afectan ás mulleres no noso tempo. 
FERMOSÍSIMA CANCIÓN E IMPRESIONANTES TRABALLOS DAS NENAS E NENOS DO CEIP CARLOS CASARES DE VILARIÑO!!!  

A letra da canción tiña un vocabulario complexo e nalgúns casos descoñecido para o noso alumnado polo que deseñamos actividades interactivas que axudaron na súa aprendizaxe e coñecemento.

Nos seguintes enlaces podedes acceder ao Google Site que temos na nosa web e no que imos recollendo actividades e recursos do apadriñamento 21/22.


Dándolle sentido ás palabras
Que é ...?
As Caixas sorpresa do "Non Vou"Non Vou









xoves, 18 de novembro de 2021

Día da Música 2021 en Vincios


O vindeiro domingo día 21 de Novembro as nosas madriñas e padriños van celebrar xunto a Agrupación Musical de Vincios o día da música. 

Será no Torreiro de Santa Lucía en Vincios a 1 do mediodía, e estades tod@s convidad@s a este concerto!!

VIVA A MÚSICA!!!!

Despois do fabuloso concerto de onte en Vincios deixamos nesta entrada do blogue unhas fotiños para o recordo. 

Fantástica a Banda da Agrupación Musical de Vincios e Cantares do Brión!!








venres, 5 de novembro de 2021

A primeira colaboración ven de lonxe...

Vídeo "Poemas ao outono"


Na primeira entrada deste blogue as nosas madriñas e padriños envíaronnos un saúdo no que engadían unha fermosa peza: Poemas ao outono. Esta foi a primeira colaboración e o primeiro encontro do CEIP Carlos Casares e Cantares do Brión. Nesta entrada atoparedes dous vídeos; O primeiro coa peza signada por Verónica Jorge a que lle estaremos sempre agradecidos pola aportación e por axudarnos a mestras e alumnado a coñecer unha realidade que nos era allea ata agora. Anímadevos a interpretala cantada e coa linguaxe de signos e poderedes comprobar o difícil que é facelo con solvencia. No segundo podedes escoitar a interpretación que as nenas e nenos do coro do cole de Vilariño fixeron nunha conmemoración do centro.

Poemas ao Outono e a celebración do Magosto van ser as proagonistas da actividade musical do noso coro ao longo desta estación tan fermosa. O Outono ademáis de solpores de cores extraordinarias e froitos exquisitos tamén nos trae boa música.





Sempre agradecidos!!!