luns, 7 de febreiro de 2022

Día da Paz 22

Como cada 30 de xaneiro os centros educativos conmemoramos o día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Este ano démoslle un toque artístico-musical da man das nosas madriñas e padriños que nos enviaron un vídeo no que interpretan o poema musicado de Eugenio de Andrade "Não quero, não".


 

No cole, demais de cantar esta fermosa peza, pictamos a súa letra e serviunos de inspiración para unha exposición de cadros de Menchu Lamas na que cada curso facía unha recensión e interpretación escrita reflexionando sobre o que lles evocaba.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Sempre agradecidos!!!