xoves, 3 de febreiro de 2022

Obradoiro para a eleboración de Carautas maxistralmente impartido por Nardo.


 O martes día 1 de Febreiro tivemos a sorte de coñecer e compartir con Nardo unha xornada de aprendizaxe moi interesante. Este membro do coro Cantares do Brión aportounos os seus coñecementos e habilidades no manexo e elaboración de carautas con papel e cartón desenvoltas en máis de trinta anos como mestre e participante activo en diferentes asociacións pedagóxicas e culturais

Agora tócanos ás mestras e mestres do cole achegarlles ao conxunto do alumnado as posibilidades creativas destes materiais e produtos co mesmo entusiasmo e ilusión coas que Nardo o fixo con nós. 

Mil Grazas Nardo!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Sempre agradecidos!!!