O Día 23 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro. O CEIP Carlos Casares súmase como cada ano á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Para a edición de 2022 Beatriz Maceda Abeleira foi a escritora escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións e centros de ensino.
O lema escollido para este 2022 é: #SementadePensamentos
Ningún comentario:
Publicar un comentario