xoves, 10 de marzo de 2022

8 M Día das mulleres

 


Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é xornada recoñecida nalgúns países. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.

No CEIP Carlos Casares celebrámolo unindo nas nosas tarefas diarias aos nosos padriños e madriñas do coro Cantares do Brión e a música tradicional e o ilustrador e padriño dunha aula do noso centro Leandro Lamas.

   
Leandro enviounos un dos seus debuxos para que o intentásemos imitar nas aulas ao longo do día seguindo paso a paso a súa guía e consellos. Grazas padriño Lendriño por esta colaboración!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Sempre agradecidos!!!