martes, 7 de xuño de 2022

Festival Apadriñamento 2022: Cantares do Brión




O Venres día 3 de xuño foi un día de gran felicidade no CEIP Carlos Casares porque nos visitaron as nosas madriñas e padriños do coro Cantares do Brión.

Foi uha mañá chea de emoción e nervios para amosarlles toda a nosa admiración en traballos realizados ao longo do curso e para este acto en concreto. As caras de sorpresa, de ilusión e de satisfacción eran correspondidas polos aplausos de tod@s @s asistentes.

Foi un inmenso pracer afondar no voso traballo musical e coñecervos a nivel humano. Agardamos que esta relación de apadriñamento se prolongue no tempo. Mil grazas!!!

Programa de actuacións do Venres 3 de Xuño de 2022 no CEIP Carlos Casares:

  1. "Costureiriña". (Tradicional Fuxan os Ventos)
  2. "Oh rama, Oh que linda rama". (Alentejo- Portugal)
  3. "Pasodoble de Cantares do Brión" (Letra: Carmen Araújo e Música: Eloy Porto)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Sempre agradecidos!!!