xoves, 28 de outubro de 2021

Magosto cantareiro en Vilariño 2021

O Venres 29 de outubro celebramos o Magosto no CEIP Carlos Casares de Vilariño. Para celebrar está festa de fonda tradición galega na que a castaña ten o protagonismo gastronómico, vivimos un momento musical moi especial no cal as nosas madriñas e padriños do coro Cantares do Brión, tiveron unha colaboración especial enviándonos un vídeo que gravaron nun ensaio cunha peza moi fermosa: "Señora María, señor Manuel". 



Nas clases de música e na hora de libre configuración de centro que nós adicamos ao coro, estivemos desfrutando de poder ter a súa referencia para o traballo da práctica do canto colectivo. 

Na celebración da propia festa do magosto tivemos a visita e colaboración de 2 membros de Cantares do Brión, Luis e Bieito que se interesaron pola vida no cole e o facer diario do noso alumnado. Tamén colaborou coa súa pandeireta Noa, exalumna do CEIP Carlos Casares.

Ademáis da parte musical, Cantares do Brión e a música tradicional tamén inspiraron os calacús que con tanta ilusión tallaron o alumnado a as súas familias.





mércores, 20 de outubro de 2021

Saúdo de Cantares do Brión ao Ceip Carlos Casares

 

Clica na imaxe para ver o vídeo
Clica na imaxe para ver o vídeo
Esta semana recibimos dúas mensaxes das nosas madriñas e padriños. A primeira en forma de carta contándonos que aceptaban a nosa proposta de apadriñamento e que gardaremos con moito aprezo no cole. A segunda ten forma de vídeo e nel saúdannos e déixannos un agasallo fermoso en forma de canción: "Poemas ao Outono". Este fermoso tema que forma parte do seu segundo disco, "A Raís",ten letra do gran poeta chairego Manuel María e a música e arranxos son de Luis Correa e Pablo Rial. O Coro empregou esta canción e a súa mensaxe para concienciar e conmemorar o aniversario dos lumes que padeceu Galicia hai catro anos.

Con esta peza o alumnado de 4º e 6º EP do Ceip Carlos Casares foi recoñecido co terceiro premio no certame de cancións signadas "Xogando coas Manciñas" que leva a cabo a Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia.

As nosas Madriñas e padriños para o curso 2021/2022


Nas primeiras xuntanzas que o claustro de mestras e mestres do CEIP Carlos Casares tivemos para organizar o curso 2021/2022 decidimos facer unha invitación formal ao coro Cantares do Brión de Vincios para apadriñar a aula de música do noso cole. A predisposición da directiva, compoñentes e do seu director, Pablo Rial foron magníficas dende o primeiro momento no que foron coñecedores da proposta.

Para axudarlle a tomar unha decisión explicámoslle o que supuña  proxecto de apadriñamento de aulas comezou alo polo curso 2013-2014 a proposta do equipo de normalización da lingua galega co humilde obxectivo de:

“ Achegar a cultura literaria en lingua galega aos nenos e nenas partindo do estudo das persoas que interveñen nela”.

A condición é que os padriños e madriñas sexan contemporáneos ao noso alumnado, persoas as que poidan coñecer e identificar coa súa obra, persoas da pé que toman o seu tempo na escrita en galego. Certo é que o voso cometido non é o de escribir, máis a vosa paixón ten toda a forza que precisamos no noso obxectivo, conxugando música, voz e un fermoso repertorio tradicional.

Por outra banda, o noso centro conta xa cun coro formado co alumnado de 4º e 6º de primaria que ensaia nunhas horas de libre configuración, e que da man de Eloy Porto ten interpretado algún tema do voso repertorio.

Todas elas razóns poderosas para que o voso coro sexa o padriño perfecto da aula de música.

Sempre agradecidos!!!