Moitas grazas polo fermoso agasallo, que das mans de Nardo nos deixastes no cole para lembrar este acontecemento por sempre.
Grazas Cantares do Brión!!!!
A elaboración deste blogue está motivada polo apadriñamento da aula de música do coro Cantares do Brión. Neste blogue poderes descubrir a actividade diaria do CEIP Carlos Casares relacionada co apadriñamento. Desfrutádea e participade!!!
Moitas grazas polo fermoso agasallo, que das mans de Nardo nos deixastes no cole para lembrar este acontecemento por sempre.
Grazas Cantares do Brión!!!!
Foi uha mañá chea de emoción e nervios para amosarlles toda a nosa admiración en traballos realizados ao longo do curso e para este acto en concreto. As caras de sorpresa, de ilusión e de satisfacción eran correspondidas polos aplausos de tod@s @s asistentes.
Foi un inmenso pracer afondar no voso traballo musical e coñecervos a nivel humano. Agardamos que esta relación de apadriñamento se prolongue no tempo. Mil grazas!!!
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é xornada recoñecida nalgúns países. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.
No CEIP Carlos Casares celebrámolo unindo nas nosas tarefas diarias aos nosos padriños e madriñas do coro Cantares do Brión e a música tradicional e o ilustrador e padriño dunha aula do noso centro Leandro Lamas.
O Día 23 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro. O CEIP Carlos Casares súmase como cada ano á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Para a edición de 2022 Beatriz Maceda Abeleira foi a escritora escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións e centros de ensino.
O lema escollido para este 2022 é: #SementadePensamentos
A Galinha Azul na entrada do CEIP Carlos Casares |
Este ano démoslle un toque artístico-musical da man das nosas madriñas e padriños que nos enviaron un vídeo no que interpretan o poema musicado de Eugenio de Andrade "Não quero, não".
No cole, demais de cantar esta fermosa peza, pictamos a súa letra e serviunos de inspiración para unha exposición de cadros de Menchu Lamas na que cada curso facía unha recensión e interpretación escrita reflexionando sobre o que lles evocaba.